Contan os maiores que, o día da feira, as familias saían da aldea antes do amencer. Chegaban a Lugo co gando por diante e as mellores roupas no carro, e ao cruzar a Muralla a cidade xa cheiraba a polbo e a castañas.
Vendíase e comprábase, si, pero sobre todo comíase nas casetas, bailábase na praza e subíase ao adarve para ver como a cidade enteira celebraba. Ese percorrido, con case tres séculos de historia, segue sendo o mesmo: o San Froilán vívese na rúa, e a rúa en Lugo é patrimonio.
Lugo ofrece unha ampla rede de museos e centros de interpretación que permiten coñecer a cidade máis alá da festa. Son espazos pensados para aprender e afondar no seu pasado dun xeito accesible e, en outubro, son tamén o mellor plan para as horas nas que o campo da feira descansa.
Casa dos Mosaicos, Centro Arqueolóxico de San Roque, Sala de Exposicións Porta Miñá e Museo Interactivo da Historia de Lugo.
Todos os días de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas.
Oficina Municipal de Turismo.
Todos os días de 10:00 a 20:00 horas.
Centro de Interpretación da Muralla
Todos os días de 10:00 a 20:00 horas.
Centro Cultural O Vello Cárcere.
· Mañás: Todos os días de 11:00 a 14:00 horas.
· Tardes: de luns a sábado de 16:00 a 20:00 horas e os domingos de 16:00 a 19.00 horas
Espazos da festa
O San Froilán non ten un recinto: ten unha cidade. Estes son os lugares onde pasa todo.


· Campo da Feira (Parque de Rosalía de Castro)
O corazón da festa. Aquí instálanse as casetas do polbo, as atraccións e o feiral. Nove días de mesas longas, fume das pulpeiras e música de fondo.
· Praza Maior
O salón da cidade. Verbenas cada noite, pasarrúas de xigantes e cabezudos, a Verbena Galega d’Antes e, no Domingo das Mozas, o Desfile do Traxe Galego, a tradición máis antiga da festa.
· Horta do Seminario
O gran escenario dos concertos gratuítos.
· Praza de Santa María
Escenario de música tradicional e actuacións ao pé da Catedral.
· Praza do Campo e casco histórico
Charangas, batucadas e o ambiente da Zona dos Viños entre concerto e concerto.
· Praza da Soidade e Praza de Santo Domingo
Feira do Mel, olería tradicional e artesanía.
Servizos
Ao longo dos séculos, Lugo consolidouse como unha cidade feita para acoller. No San Froilán, esa idea ponse a proba: durante nove días a cidade recibe centos de miles de persoas, e estes son os servizos que o fan posible:
Información
Oficina Municipal de Turismo: 982 25 16 58
Servizo de Información Municipal: 010
Concello de Lugo: 982 29 71 00
Oficina Municipal de Consumo: 982 29 72 73

Seguridade
Policía Nacional: 091
Policía Local: 092
Garda Civil: 982 22 13 11
Protección Civil: 982 29 72 85
Parque de Bombeiros: 080
En caso de emerxencia: 112 (24 horas)

Saúde
Lugo conta co Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), ademais de centros de saúde
Urxencias sanitarias: 061
Cruz Vermella 982 23 16 13
Emerxencias 112

Aparcadoiro
Lugo conta con diferentes opcións de aparcadoiro, tanto en superficie como subterráneas, especialmente preto do centro histórico, así como con aparcadoiros disuasorios conectados co centro

Transporte
As principais liñas de autobús urbano prolongan o seu servizo durante a madrugada nos días grandes.
Estación de autobuses: 982 22 39 85
Estación de tren: 902 24 02 02
Taxi: 982 21 33 77

Punto violeta
Praza Fernando de Casas Novoa (fondo da praza Maior).
Información, apoio e atención ante situacións de acoso ou violencia de xénero.
4, 9, 10 e 11 de outubro: 21:00–04:00 h
5 de outubro: 21:00–03:00 h
Os taxis actúan como puntos violeta móbiles.
